domingo, 8 de noviembre de 2015

Primeira lectura de 1º BAC-4º: El guardián invisible de Dolores Redondo

Esta vindeira semana seredes convocados a unha mini reunión de reparto de libros. Xa temos o primeiro libro escollido. Trátase do primeiro volume da Triloxía de Batzán: El guardián invisible, definido como:
 "Impactante thriller que tiene su mejor baza en el contraste entre lo racional y científico, y lo legendario y mítico"

Aquí tedes o resumo que aparece na páxina web da autora:

La inspectora de la sección de homicidios de la Policía Foral, Amaia Salazar, será la encargada de dirigir una investigación que la llevará devuelta a Elizondo, una pequeña población de donde es originaria y de la que ha tratado dehuir toda su vida. Enfrentada con las cada vez más complicadas derivaciones del caso y con sus propios fantasmas familiares, la investigación de Amaia es una carrera contrarreloj para dar con un asesino que puede mostrar el rostro más aterrador de una realidad brutal al tiempo que convocar a los seres más inquietantes de las leyendas del Norte.

Aquí podedes ver o booktrailer:



Primeira lectura de 3º ESO: Cordeluna

O primeiro libro que vai ler o liber amoenus de 3º vai ser Cordeluna de Elia Barceló, un libro de 2007 que goza de bastante éxito entre as lecturas avaliables do Departamento de Castelán de moitos centros. Por iso nós decidimos que fose a primeira lectura deste curso, coa intención de comprobar se terá tamén ese éxito entre os nosos siareiros.

Atopamos dúas historias paralelas, separadas no tempo, que nos levan ata unha historia de amor xuvenil chea de intriga, ciumes e "malas artes". Esta historia de amor verase truncada por unha maldición e, séculos despois, uns rapaces veranse enliados nela.

Arrinca o curso 2015-2016

Comezan as actividades do liber amoenus deste ano e nós retomamos a información que damos no blog (que o tiñamos un pouco esquecido).

Haberá un grupo de 3º da ESO; outro de 4º, que lerá en inglés, en versión orixinal; e outro de 1º BAC o que se unirán algúns rapaces de 4º que prefiren ler en castelán ou galego.

O liber amoenus de 3º xa está lendo. O liber amoenus de inglés está buscando un título axeitado e do que podamos conseguir os exemplares. E o liber amoenus de 4º-1º BAC espera repartir os libros xa esta semana que comeza.

Feliz andaina nesta nova etapa!!!