miércoles, 29 de noviembre de 2017

CLUBE DE LECTURA DE 3º ESO: "GUAU! QUE HISTORIA!"

E chegoulle o turno a unha das historias de Sherlock Holmes: El perro de los Baskerville. Os membros do clube, verteron as súas opinións sobre un dos casos máis coñecidos dun dos investigadores máis famosos da literatura. "Pero, non apareceu a famosa frase Elemental, querido Watson!..."- dixeron algúns. Os comentarios sobre o libro leváronnos a falar doutros famosos inspectores e investigadores da literatura, os cómics e o cinema.

Con lupa obsérvase mellor!!!


martes, 21 de noviembre de 2017

CLUBE DE LECTURA DE 3º ESO: "XÚPITER NON ERA QUEN SEMELLABA."

A primeira lectura deste ano no Clube de Lectura para alumn@s de 3º da ESO foi O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas. Os xóvenes lectores foron moi quen de seren críticos ante a temática do libro, suliñando a crítica ó contacto con descoñecidos nas redes sociais ou o acoso entre compañeiros de escola. ¡Unha historia da que seguro sacaron probeito!
A próxima lectura....¡elemental...!

viernes, 10 de noviembre de 2017

CLUB DE LECTURA DE 1º DE ESO

Onte tivemos a primeira reunión do club de lectura de 1º de ESO. O libro Chamádeme Simbad, de Francisco Castro foi todo un éxito, mesmo a algunha das nosas alumnas conseguiu arrancarlle algunha bágoa.