Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2012-13. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2012-13. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de abril de 2013

Reunión de 2º ESO: "El principito"

O pasado 6 de abril O principiño do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry estivo de aniversario. Cumpriu 70 anos. 

Nós aproveitamos esta data para facer a reunión do Liber amoenus de 2º, que fixo esta lectura.

Como sabedes, esta novela está traducida a 180 linguas, entre elas o galego, cuxa versión correu a cargo de Carlos Casares. 

Velaquí tedes o que nos di a Galipedia sobre ela:
"É un conto filosófico, moi poético que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida. Nas conversacións entre o narrador e o principiño, o autor revela a súa propia visión sobre a estupidez da humanidade e a sinxela sabedoría que os adultos semellan esquecer cando medran. A obra está igualmente ilustrada polo propio autor. Os seus debuxos, sinxelos e dun estilo se cadra algo infantil, son tan célebres como o libro mesmo."

E, se aínda queredes saber máis, podedes consultar a páxina web oficial do Principiño.

Coa profesora de francés, María José Veiga, estiveron comentando diversos aspectos do libro. Hai quen di que este libro hai que relelo cada dez anos para ir descubríndolle novos matices. Quedamos emprazados, pois, para a celebración do octoxésimo aniversario.






2º ESO: lectura de "La Conspiración de Melengar" de Michael J. Sullivan



Asesinaron al rey. Echaron la culpa a dos tipos sospechosos. No fue una buena elección. Esta es la historia de dos malhechores que están en el lugar equivocado, en el momento equivocado. Royce Melborn, un hábil ladrón, y su compañero, el antiguo mercenario Hadrian Blackwater, se ganan la vida haciendo trabajos sucios para los nobles. Hasta el día en que alguien les convierte en chivo expiatorio del asesinato del rey. Condenados a muerte, sólo les queda una salida: desenmascarar al verdadero culpable de la conspiración.

«Persecuciones que te hielan la sangre, apasionantes duelos a espada, y una amistad inquebrantable constituyen la fórmula de este clásico genial de la fantasía de siempre.», Publisher’s Weekly 

Tienes, si quieres leer más sobre la novela, información interesante en este enlace: Melengar

"Finis mundi" de Laura Gallego para 1º ESO


Finis Mundi es una novela de Laura Gallego García publicada por Editorial SM en 1999. Recibió el premio Barco de Vapor de 1998 y fue finalista del Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. Ha sido traducido a varios idiomas.
Francia. Año 997 de nuestra era. Michel, un monje cluniacense, decide embarcarse en una misión imposible. Según las revelaciones del ermitaño Bernardo de Turingia, el fin del mundo se acerca y sólo hay una manera de salvar a la humanidad: invocar al Espíritu del Tiempo. Pero antes es preciso recuperar los tres ejes sobre los que se sustenta la Rueda del Tiempo. ¿Dónde se encuentran? Nadie lo sabe...

Puedes leer más en la página de Laura Gallego en el siguiente enlace: Finis mundi

Novos agradecementos

Unha vez máis, temos que agradecer os préstamos ao IES San Rosendo de Mondoñedo e ao IES Perdouro de Burela, que amablemente nos deixaron exemplares de La conspiración de Melengar e Finis mundi.

1º ESO: Lectura de "Finis mundi" de Laura Gallego

Xa tivo lugar o reparto do novo libro de lectura para 1º ESO. Desde o venres 19 de abril os membros do Liber amoenus máis pequenos están lendo Finis mundi, un libro da sempre exitosa Laura Gallego.



viernes, 12 de abril de 2013

"El libro de los portales", o último de Laura Gallego para 3º ESO

Ao final os elexidos para seren os primeiros en ler El libro de los Portales son os rapaces do club de 3º ESO. 
Hoxe repartimos os exemplares, no primeiro recreo, recén chegados da libraría nesta semana.



1º BAC: Próxima lectura, "Tokio Blues" de Haruki Murakami

Haruki Murakami (村上 春樹, むらかみ はるき), nado o 12 de xaneiro de 1949 en Xapón, é un popular escritor e tradutor. 
Frecuentou a Universidade de Waseda, en Toquio, dedicandose sobre todo aos estudos teatrais. Antes de terminar o curso, abriu un bar de jazz, chamado Peter Cat, á fronte do cal se mantivo entre 1974 e 1982. 
En 1986, partiu para a Europa e despois para os Estados Unidos, onde acabaría por quedar a vivir.
Escribiu a súa primeira novela -Hear the Wind Swing- en 1979, mais sería en 1987, con Norwegian Wood -título traducido como Tokio blues, na súa edición ao castelán-, que o seu nome se tornaría famoso no Xapón.
Escritor particularmente influenciado pola cultura occidental, Murakami traduciu para o xaponés obras de F. Scott Fitzgerald, Truman Capote, John Irving e Raymond Carver.

E aquí tedes o resumo:

Mientras aterriza en un aeropuerto europeo, Toru Watanabe, un ejecutivo de 37 años, escucha una vieja canción de los Beatles que le hace retroceder a su juventud, al turbulento Tokio de los años sesenta. Con una mezcla de melancolía y desasosiego, Toru recuerda entonces a la inestable y misteriosa Naoko, la novia de su mejor y único amigo de la adolescencia, Kizuki. El suicidio de este distanció a Toru y a Naoko durante un año, hasta que se reencontraron e iniciaron una relación íntima. Sin embargo, la aparición de otra mujer en la vida de Toru le lleva a experimentar el deslumbramiento y el desengaño allí donde todo debería cobrar sentido: el sexo, el amor y la muerte. Y ningún de los personajes parece capaz de alcanzar el frágil equilibrio entre las esperanzas juveniles y la necesidad de encontrar un lugar en el mundo.

Luns 8 de abril, reunión de 1º de BAC

Este pasado luns tivemos a xuntanza á hora do xantar para comentar Lo que esconde tu nombre de Clara Sánchez. Aínda que con matices e con aspectos que cambiaríamos no libro, en xeral, gustounos.  Deunos moito xogo para comentar, démonos conta da hora que era cando só faltaban dez minutos para subir ás clases. 
Libro RECOMENDABLE (pero non esperedes un gran final).

domingo, 24 de marzo de 2013

Visita de Marcos Calveiro e da "Xanela da lectura" do Perdouro de Burela

O curso pasado fixemos unha lectura conxunta co club de lectura do Perdouro de Burela, A Xanela da Lectura. Daquela, fomos nós ata Burela (onde, por certo, tratáronnos exquisitamente ben), e fixemos un xantar-literario comentando El rostro de la sombra de Gómez Cerdá, con alumnado de 3º da ESO.
Agora era a nosa quenda. Tiñamos que ser nós os anfitrións. Os rapaces que foron a Burela xa non están no club, polo que, nesta ocasión, a actividade correu a cargo do grupo de 3º do Liber amoenus.
Pensamos que sería interesante ler algo de Marcos Calveiro e escollemos O pintor do sombreiro de malvas, que era a novela máis axeitada para esa idade. 
Grazas a Xerais, contamos coa presenza do autor na nosa reunión conxunta.
Ao igual que sucedeu co grupo de 1º e  Palabras de auga, a obra cobra unha nova "vida" tras escoitar ao autor, e mesmo, hai quen xa comentou: "agora gústame máis". 

Nas fotos pódense ver a todos os rapaces escoitando ao escritor:


E, despois, o noso xantar literario, os lectores da Xanela da Lectura e do Liber Amoenus unidos, comendo pizzas na cafetería do noso ies, con bica de postre, e a excepcional compaña de Marcos, tras a reunión que tiveramos na biblio:

Marcos Calveiro co grupo de 1º ESO

O grupo de 1º ESO deste ano do Liber amoenus é un grupo pequeno en comparación cos grupos doutros anos. Son once membros. Sen embargo, xa que leramos o último Premio Merlín, Palabras de auga, e que viña Marcos Calveiro a visitarnos co gallo da lectura do Pintor do sombreiro de malvas no grupo de 3º, pensamos que sería interesante coñecelo e que nos falase un pouquiño da obra antes de empezar a reunión cos maiores. Foi unha reunión curta, pero moi interesante. Despois de escoitalo, parece que a novela gusta aínda máis. Velaí as fotos:

"El libro de los Portales" de Laura Gallego

O 4 de abril estará nas librarías o novo libro de Laura Gallego, El libro de los Portales. Nel cóntasenos a historia dos pintores da Academia dos Portais, os únicos que saben como debuxar os extraordinarios portais de viaxe que constitúen a rede de comunicación e transporte máis importante de Darusia. As súas ríxidas norms e a súa exhaustiva formación garanten unha impecable profesionalidade e perfeción técnica en todos os seus traballos. Cando Tabit, estudante do último curso na devandita Academia, recibe o encargo de pintar un portal para un humilde labrego, non imaxina que está a piques de verse envolto nunha rede de intrigas e segredos que podería sacudir os mesmos alicerces da institución.

El libro de los Portales será a vindeira lectura dalgún dos grupos do Liber Amoenus.


Agradecementos polo préstamo interbibliotecario

Unha vez máis botamos man da axuda doutras biblios para poder ler sen ter que mercar todos os libros.

Agradecemos a súa colaboración co Pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro a:

  • IES Breamo de Pontedeume con 6 exemplares (que gustosamente colaboraron, a pesar da sorpresa inicial, xa que non están integrados no PLAMBE nin teñen club de lectura, polo que descoñecían este tipo de prácticas);
  • IES Monelos da Coruña con 3 exemplares (habitual colaborador);
  • IES Marqués de Sargadelos de Cervo cun exemplar;
  • IES María Sarmiento de Viveiro cun exemplar e
  • IES Cabo Ortegal de Cariño cun exemplar.
Na lectura de Palabras de auga de Marcos Calveiro agradecemos a axuda de:
  • IES Cabo Ortegal de Cariño cun exemplar e
  • IES Perdouro de Burela con tres exemplares.
No Principiño, lectura do grupo de 2º da ESO axúdannos:
  • IES Perdouro de Burela con dous exemplares e
  • IES María Sarmiento de Viveiro con tres exemplares.
Esperamos contar con novas colaboracións para as vindeiras lecturas.

1º BAC: "Lo que esconde tu nombre" de Clara Sánchez

PREMIO NADAL 2010

Un subyugante relato de terror sin efectos sobrenaturales, y es también, y ante todo, una absorbente novela sobre la memoria y la redención de la culpa. Sandra ha decidido retirarse a un pueblo de la costa levantina: ha dejado el trabajo y, embarazada, pasa los días intentando aplazar la decisión de qué hacer con su vida. En la playa conoce a un matrimonio de octogenarios noruegos que parecen la solución a los problemas de Sandra.
Julián, un anciano que acaba de llegar de Argentina, superviviente del campo de exterminio de Mauthausen, sigue paso a paso las idas y venidas de los noruegos. Un día Julián aborda a Sandra y le revela detalles de un pasado que a Sandra sólo le suenan por alguna película o algún documental: horrores en blanco y negro que no tienen nada que ver con ella. Aunque el relato de Julián le parece a Sandra descabellado, empezará a mirar de una forma nueva a los amigos, las palabras y los silencios de la pareja de ancianos, sin darse cuenta de que el fin de su inocencia está poniendo su vida en peligro.

3º ESO: "O pintor do sombreiro de malvas" de Marcos Calveiro

Un adolescente es enviado por su madre desde París a pasar con una tía una buena temporada en la villa de Auvers. Durante aquellos días del verano de 1890, conocerá a Vincent, un pintor que semeja beberse la vida con cada violenta pincelada sobre el lienzo y del que durante sesenta y nueve días se hará inseparable, acompañándolo en su deambular por los trigales y en su infatigable lucha contra los convencionalismos de la vida provinciana. Mas el joven también descubrirá el amor, conocerá algunos misterios sobre su pasado y se enfrentará por vez primera a la muerte, lo que le obligará a tomar una decisión sobre el futuro que le espera.

Nesta entrada do blog do club de lectura do IES Xoán Montes de Lugo podes atopar moitísima información sobre o libro:

Clica aquí: As Estantigas

2º ESO: "El principito" (Curso 2012-13)

Comezamos a andaina do grupo de 2º con todo un clásico. 
El Principito (en francés: Le Petit Prince), publicado el 6 de abril de 1943, es el relato corto más conocido del escritor y aviador francés Antoine de Saint-Exupéry. Lo escribió mientras se hospedaba en un hotel en Nueva York, y fue publicado por primera vez en los Estados Unidos. Ha sido traducido a ciento ochenta lenguas y dialectos, convirtiéndose en una de las obras más reconocidas de la literatura universal. Se considera un libro infantil por la forma en la que está escrito y por la historia en un principio simple, pero en realidad el libro es una metáfora en el que se tratan temas tan profundos como el sentido de la vida, la amistad y el amor.

1º ESO: "Palabras de auga" de Marcos Calveiro

Este ano a primeira lectura do curso para o grupo de 1º ESO, os novos integrantes do Liber Amoenus, é o último Premio Merlín (2012): Palabras de auga de Marcos Calveiro.

Marcos Calveiro é xa un nome ben coñecido dentro da literatura xuvenil e tamén de adultos. “Eu non distingo cando fago unha novela a que público vai dirixida”, confesa este autor vilagarciano, aínda que afincado dende a súa infancia en Vigo.

“As historias xurden e alí vou”, sinala o escritor Marcos Calveiro.

Gañador de numerosos premios (entre outros, foi Premio da Crítica 2008) só lle faltaba ata agora nos seus andeis o Premio Merlín, que outorga Xerais, o máximo galardón para un escritor galego de literatura xuvenil.

Palabras de auga traslada ao lector cara ao interior da África máis profunda. 







Gracia Santorum dinos sobre esta novela:

Un libro que nos transporta á África máis profunda, a esoutra realidade á que tan doadamente lle damos as costas, a un lugar calquera de esa inmensidade continental onde o sufrimento é continuo e a busca de alimentos a única opción de supervivencia. E, de fondo, a dor máis profunda, o sufrimento de perder un ser querido sen ser a morte quen cause este sentimento; porque hai moitos xeitos de morrer, ou moitas maneiras de marchar. E nese fondo, dicimos, está a guerra, a explotación, ese lado do ser humano que nos achega aos animais para esquecérmonos de sentimentos e corazón. E xunto a este maremagnum de argumentos, temos un protagonista, Amadou, que debe medrar aprendendo que o sufrimento da nai é imprescindíbel para protexelo, que o proteccionismo afastado do pai é un xeito de educación, e que a valentía forma parte intrínseca do ser humano e revélase cando menos un a agarda. Noutro plano, asemade, as mulleres como pedra angular da tribo, como mestras caladas e sufridas, como sustento de futuro.
E aínda que estamos ante un libro "infantil", ollo!, será necesaria unha lectura profunda e atenta antes os continuos flashbacks que van artellando a historia. Unha historia necesaria, sen idade.

Novo curso do Liber Amoenus: BENVID@S AO 2012-13

Comezamos un novo curso. Moitos dos nosos membros continúan e outros causan baixa.

68 alumnos están anotados, repartidos do seguinte xeito: 

1º ESO: 11 alumnos
2º ESO: 17 alumnos
3º ESO: 24 alumnos
1º BACHARELATO:  16 alumnos

TOTAL DE INTEGRANTES:
68 alumnos dun total
de 340 matriculados