sábado, 5 de noviembre de 2016

2º ESO: "El príncipe de la niebla" de Ruiz Zafón

Onte repartimos os exemplares de El príncipe de la niebla, unha aposta segura para comezar con estes lectores que se estrenan no club. Levaban preguntando polo reparto xa varios días e, por fin, o venres tiñamos libros para todos. Temos que agradecer ás biblios amigas do Monte Castelo e o Perdouro de Burela, do María Sarmiento de Viveiro e do San Rosendo de Mondoñedo que nos fixesen o empréstito de todos os que necesitabamos.

O novo fogar dos Carver está envolto en misterio. Nel aínda se sinte o espírito de Jacob, o fillo dos antigos propietarios, que morreu afogado. As estranas circunstancias desa morte só empezan a aclararse coa aparición dun diabólico personaxe: el Príncipe de la Niebla.

Teremos a reunión para comentalo á hora do xantar o luns 5 de decembro. Disfrutade da lectura!

1º da ESO: "Esmeraldina, a pequena defunta" de Ledicia Costas

Para a estrea no liber amoenus dos alumnos de 1º da ESO escollemos a unha das nosas autoras fav: Ledicia Costas, a proposta dos proprios lectores. Debido ao moito que lles gustou o primeiro (Escarlatina, a cociñeira defunta), decidimos seguir con Esmeraldina, a pequena defunta, ao que lle tiñan ganas.

Aínda non temos todos os exemplares. Tan axiña como cheguen, repartirémolos para que empecedes a ler.

4º da ESO: "Os fillos do mar" de Pedro Feijoo

Gostou tanto outros cursos, que este ano quixemos comezar retomando o libro de Pedro Feijoo.

Aquí tedes a presentación do seu libro que fai o autor:


Teremos a reunión para comentalo o luns 7 de novembro.

1º BACH: "La chica del tren" de Paula Hawkins

Empezamos no grupo de 1º cun superventas: La chica del tren. A orixe da obra permítenos "xogar" coa lingua de lectura: India e Cris len en versión orixinal en inglés e as demais, en castelán.

Rachel toma sempre o tren das 8.04 cada mañán: a mesma paisaxe, as mesmas casas...
Son tan só uns segundos, pero permítelle observar a vida dunha parella almorzando tranquilamente na súa terraza. Mesmo ten nomes para eles: Jess e Jason. A súa vida parece perfecta, non como a da propia Rachel. 

Sen embargo, un día ve algo, de présa, pero é abondo. E se Jess e Jason non son tan felices como ela pensa? E se nada é o que parece?

Aproveitamos a proxección da película nos cines de Viveiro para ir vela. Non puidemos ir todas, pero si que disfrutamos moito coa experiencia.

Velaquí podedes ver o tráiler:



Teremos a reunión para comentar o libro e a película o vindeiro luns 7 de novembro.


Arrincamos o curso 2016-2017

Xa temos andando aos catro grupos do liber amoenus deste curso:

  1. Vai continuar o grupo de 3º, agora en 4º da ESO con 10 alumnos, coordinados por Carolina Mariño.
  2. O grupo de 4º, que no curso pasado tivo que ir cos integrantes de 1º de BAC, teñen agora grupo propio en 1º: 11 rapazas, coordinadas por Ana Tato.
  3. Hai grupo novo en 1º da ESO. Queremos que os recén chegados ao centro comecen a súa andaina xa no liber amoenus. Contamos con 15 alumnos que estarán ao cargo de Carolina Mariño.
  4. Este ano buscamos tempo para empezar tamén cun grupo de 2º da ESO. Temos tamén 15 entusiastas integrantes, con aspecto de devoradores de libros. Estarán lendo con Ana Tato.
  5. E, a punto de comezar, esperamos que goce de éxito de participación a idea dun grupo de lectura de banda deseñada en francés (ou de orixe belga ou francesa) para 3º da ESO, coa profesora María José Veiga.
BENVIDOS A TODOS!!!!!!

lunes, 2 de mayo de 2016

Terceira lectura de 1º BAC: "Ofrenda a la tormenta" de Dolores Redondo



Rematamos coa triloxía!!

O éxito de Dolores Redondo no club de 4º-1º BAC fixo que terminasemos o curso co último libro da triloxía.

Volveremos o curso que vén!

Terceira lectura con 3º: "El rostro de la sombra" de Gómez Cerdá

Con motivo da visita do autor para falarnos do seu Los fantasmas del paraíso, o grupo do liber amoenus de 3º decidiu ler tamén El rostro de la sombra.



4º ESO: o liber amoenus en inglés: "Winter's bone"

Ree Dolly anda bucando a su padre, que ha desaparecido estando en libertad condicional: si no lo encuentra antes de treinta días, la ley le quitará la casa. Ree tiene dieciséis años, una madre enferma y dos hermanos pequeños: es el sostén de la familia y hará lo que sea para evitar el desahucio. Lo más bonito que tiene es una escopeta. 

Daniel Woodrell acuñó la expresión country noir para referirse a sus novelas, ambientadas en las montañas de Ozark, en Missouri, frontera con Arkansas. En efecto, si tomamos el paisaje, el sentimiento y los personajes de una canción country y situamos ahí una trama criminal en torno a la producción de metanfetamina, tenemos Los huesos del invierno (Winter's Bone), base de la película de culto que en 2010 ganó el Festival de Sundance. 
Bíblica, tremenda, iniciática, tierna y heroica, con un siniestro sentido de la solidaridad familiar y una heroína de antología, esta es una novela negra de altos vuelos.


Podedes ver aquí o tráiler da película:




Segunda lectura de 3º ESO: Ledicia Costas, "O corazón de Xúpiter"

A segunda lectura do liber amoenus de 3º foi un libro de Ledicia Costas, autora de gran éxito entre o noso alumnado habitualmente.

No corazón de Xúpiter cóntase a historia de Isla, para quen non foi doado mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre. 



Segunda lectura de 1º BAC-4º ESO: "Legado en los huesos"

Trala boa acollida do primeiro libro de Dolores Redondo lido polo grupo do liber amoenus de 1º BAC-4º, decidiuse continuar coa triloxía. É a primeira vez que decidimos que no mesmo curso imos ler e comentar só libros dun autor e, en concreto, con bastante contuniudade temática.

A valoración volveu ser positiva, se ben atopámonos cun problema novo: a xente desexa proseguir a lectura ao rematar o segundo libro e, ao ir lendo xa o terceiro cando se celebrou a reunión, moitas veces interrompía os seus comentarios ou non se atrevía a comentar algúns aspectos por medo a anticipar algo da trama seguinte.

De todos os xeitos, seguímonos manifestando fieis seguidores desta autora e da súa forma de escribir.



Outra primeira lectura de 3º ESO: "El libro de los Portales"

Ao mesmo tempo que se lía en 3º ESO Cordeluna, un grupo de rapaces deste curso, fans do xénero, tamén se atreveron con El libro de los Portales. Como era de esperar, para eles, todo un éxito.




miércoles, 3 de febrero de 2016

Reunión trala lectura de "Cordeluna"

Este pasado 18 de xaneiro tivo lugar o xantar "literario" dos membros do liber amoenus de 3ESO. Aquí tedes as fotos. Empezan coa seguinte lectura.