Xa temos andando aos catro grupos do liber amoenus deste curso:
- Vai continuar o grupo de 3º, agora en 4º da ESO con 10 alumnos, coordinados por Carolina Mariño.
- O grupo de 4º, que no curso pasado tivo que ir cos integrantes de 1º de BAC, teñen agora grupo propio en 1º: 11 rapazas, coordinadas por Ana Tato.
- Hai grupo novo en 1º da ESO. Queremos que os recén chegados ao centro comecen a súa andaina xa no liber amoenus. Contamos con 15 alumnos que estarán ao cargo de Carolina Mariño.
- Este ano buscamos tempo para empezar tamén cun grupo de 2º da ESO. Temos tamén 15 entusiastas integrantes, con aspecto de devoradores de libros. Estarán lendo con Ana Tato.
- E, a punto de comezar, esperamos que goce de éxito de participación a idea dun grupo de lectura de banda deseñada en francés (ou de orixe belga ou francesa) para 3º da ESO, coa profesora María José Veiga.
BENVIDOS A TODOS!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario