sábado, 5 de noviembre de 2016

2º ESO: "El príncipe de la niebla" de Ruiz Zafón

Onte repartimos os exemplares de El príncipe de la niebla, unha aposta segura para comezar con estes lectores que se estrenan no club. Levaban preguntando polo reparto xa varios días e, por fin, o venres tiñamos libros para todos. Temos que agradecer ás biblios amigas do Monte Castelo e o Perdouro de Burela, do María Sarmiento de Viveiro e do San Rosendo de Mondoñedo que nos fixesen o empréstito de todos os que necesitabamos.

O novo fogar dos Carver está envolto en misterio. Nel aínda se sinte o espírito de Jacob, o fillo dos antigos propietarios, que morreu afogado. As estranas circunstancias desa morte só empezan a aclararse coa aparición dun diabólico personaxe: el Príncipe de la Niebla.

Teremos a reunión para comentalo á hora do xantar o luns 5 de decembro. Disfrutade da lectura!

1º da ESO: "Esmeraldina, a pequena defunta" de Ledicia Costas

Para a estrea no liber amoenus dos alumnos de 1º da ESO escollemos a unha das nosas autoras fav: Ledicia Costas, a proposta dos proprios lectores. Debido ao moito que lles gustou o primeiro (Escarlatina, a cociñeira defunta), decidimos seguir con Esmeraldina, a pequena defunta, ao que lle tiñan ganas.

Aínda non temos todos os exemplares. Tan axiña como cheguen, repartirémolos para que empecedes a ler.

4º da ESO: "Os fillos do mar" de Pedro Feijoo

Gostou tanto outros cursos, que este ano quixemos comezar retomando o libro de Pedro Feijoo.

Aquí tedes a presentación do seu libro que fai o autor:


Teremos a reunión para comentalo o luns 7 de novembro.

1º BACH: "La chica del tren" de Paula Hawkins

Empezamos no grupo de 1º cun superventas: La chica del tren. A orixe da obra permítenos "xogar" coa lingua de lectura: India e Cris len en versión orixinal en inglés e as demais, en castelán.

Rachel toma sempre o tren das 8.04 cada mañán: a mesma paisaxe, as mesmas casas...
Son tan só uns segundos, pero permítelle observar a vida dunha parella almorzando tranquilamente na súa terraza. Mesmo ten nomes para eles: Jess e Jason. A súa vida parece perfecta, non como a da propia Rachel. 

Sen embargo, un día ve algo, de présa, pero é abondo. E se Jess e Jason non son tan felices como ela pensa? E se nada é o que parece?

Aproveitamos a proxección da película nos cines de Viveiro para ir vela. Non puidemos ir todas, pero si que disfrutamos moito coa experiencia.

Velaquí podedes ver o tráiler:



Teremos a reunión para comentar o libro e a película o vindeiro luns 7 de novembro.


Arrincamos o curso 2016-2017

Xa temos andando aos catro grupos do liber amoenus deste curso:

  1. Vai continuar o grupo de 3º, agora en 4º da ESO con 10 alumnos, coordinados por Carolina Mariño.
  2. O grupo de 4º, que no curso pasado tivo que ir cos integrantes de 1º de BAC, teñen agora grupo propio en 1º: 11 rapazas, coordinadas por Ana Tato.
  3. Hai grupo novo en 1º da ESO. Queremos que os recén chegados ao centro comecen a súa andaina xa no liber amoenus. Contamos con 15 alumnos que estarán ao cargo de Carolina Mariño.
  4. Este ano buscamos tempo para empezar tamén cun grupo de 2º da ESO. Temos tamén 15 entusiastas integrantes, con aspecto de devoradores de libros. Estarán lendo con Ana Tato.
  5. E, a punto de comezar, esperamos que goce de éxito de participación a idea dun grupo de lectura de banda deseñada en francés (ou de orixe belga ou francesa) para 3º da ESO, coa profesora María José Veiga.
BENVIDOS A TODOS!!!!!!