domingo, 8 de noviembre de 2015

Arrinca o curso 2015-2016

Comezan as actividades do liber amoenus deste ano e nós retomamos a información que damos no blog (que o tiñamos un pouco esquecido).

Haberá un grupo de 3º da ESO; outro de 4º, que lerá en inglés, en versión orixinal; e outro de 1º BAC o que se unirán algúns rapaces de 4º que prefiren ler en castelán ou galego.

O liber amoenus de 3º xa está lendo. O liber amoenus de inglés está buscando un título axeitado e do que podamos conseguir os exemplares. E o liber amoenus de 4º-1º BAC espera repartir os libros xa esta semana que comeza.

Feliz andaina nesta nova etapa!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario