domingo, 28 de abril de 2013

Reunión de 2º ESO: "El principito"

O pasado 6 de abril O principiño do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry estivo de aniversario. Cumpriu 70 anos. 

Nós aproveitamos esta data para facer a reunión do Liber amoenus de 2º, que fixo esta lectura.

Como sabedes, esta novela está traducida a 180 linguas, entre elas o galego, cuxa versión correu a cargo de Carlos Casares. 

Velaquí tedes o que nos di a Galipedia sobre ela:
"É un conto filosófico, moi poético que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida. Nas conversacións entre o narrador e o principiño, o autor revela a súa propia visión sobre a estupidez da humanidade e a sinxela sabedoría que os adultos semellan esquecer cando medran. A obra está igualmente ilustrada polo propio autor. Os seus debuxos, sinxelos e dun estilo se cadra algo infantil, son tan célebres como o libro mesmo."

E, se aínda queredes saber máis, podedes consultar a páxina web oficial do Principiño.

Coa profesora de francés, María José Veiga, estiveron comentando diversos aspectos do libro. Hai quen di que este libro hai que relelo cada dez anos para ir descubríndolle novos matices. Quedamos emprazados, pois, para a celebración do octoxésimo aniversario.






No hay comentarios:

Publicar un comentario