domingo, 24 de marzo de 2013

2º ESO: "Donde los árboles cantan" de Laura Gallego (Curso 2011-12)



O club de lectura de 2º da ESO arrinca con un éxito seguro: o libro de Laura Gallego publicado en outubro de 2011, Donde los árboles cantan.

Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida ao xoven Robian de Castelmar desde que ambos eran nenos. Ámbolos dous ámanse e casarán na primavera. Sen embargo, durante a celebración do solsticio de inverno, advirten ao rei de Nortia e aos seus cabaleiros da ameaza dos bárbaros das estepas... e tanto Robian como o duque vense obrigados a marchar á guerra. En tales circunstancias, unha doncela como Viana non pode facer outra cousa que esperar o seu regreso e, tal vez, prestar atención ás lendas que se contan sobre o Gran Bosque..., o lugar onde as árbores cantan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario