domingo, 24 de marzo de 2013

Agradecementos polo préstamo interbibliotecario

Unha vez máis botamos man da axuda doutras biblios para poder ler sen ter que mercar todos os libros.

Agradecemos a súa colaboración co Pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro a:

  • IES Breamo de Pontedeume con 6 exemplares (que gustosamente colaboraron, a pesar da sorpresa inicial, xa que non están integrados no PLAMBE nin teñen club de lectura, polo que descoñecían este tipo de prácticas);
  • IES Monelos da Coruña con 3 exemplares (habitual colaborador);
  • IES Marqués de Sargadelos de Cervo cun exemplar;
  • IES María Sarmiento de Viveiro cun exemplar e
  • IES Cabo Ortegal de Cariño cun exemplar.
Na lectura de Palabras de auga de Marcos Calveiro agradecemos a axuda de:
  • IES Cabo Ortegal de Cariño cun exemplar e
  • IES Perdouro de Burela con tres exemplares.
No Principiño, lectura do grupo de 2º da ESO axúdannos:
  • IES Perdouro de Burela con dous exemplares e
  • IES María Sarmiento de Viveiro con tres exemplares.
Esperamos contar con novas colaboracións para as vindeiras lecturas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario