domingo, 24 de marzo de 2013

"El libro de los Portales" de Laura Gallego

O 4 de abril estará nas librarías o novo libro de Laura Gallego, El libro de los Portales. Nel cóntasenos a historia dos pintores da Academia dos Portais, os únicos que saben como debuxar os extraordinarios portais de viaxe que constitúen a rede de comunicación e transporte máis importante de Darusia. As súas ríxidas norms e a súa exhaustiva formación garanten unha impecable profesionalidade e perfeción técnica en todos os seus traballos. Cando Tabit, estudante do último curso na devandita Academia, recibe o encargo de pintar un portal para un humilde labrego, non imaxina que está a piques de verse envolto nunha rede de intrigas e segredos que podería sacudir os mesmos alicerces da institución.

El libro de los Portales será a vindeira lectura dalgún dos grupos do Liber Amoenus.


No hay comentarios:

Publicar un comentario