Poucas obras tiveron a aceptación no club que tivo Entre tonos de gris. Esta sería a nosa mellor recomendación para outros clubs que anden buscando obras realmente interesantes e que guste tanto á rapazada como aos adultos.
Resulta moi curioso escoitar como lles entusiasmou a obra e, acto seguido, a exposición dalgúns dos momentos realmente duros que máis lles impresionaron da mesma. Retrasámonos un pouco máis do previsto en facer a reunión para comentar o libro por diversos motivos. Isto fixo que nos decidiramos a adiantar a comida de despedida e facer a reunión durante o xantar.
Velaí tedes o xantar-literario do grupo de 4º do Liber Amoenus:
No hay comentarios:
Publicar un comentario