domingo, 24 de marzo de 2013

4º ESO: Noite Meiga. Pásao de medo unha noite na biblio

O 25 de novembro de 2011 celebramos a Noite Meiga na biblio con certo retraso. Pensabamos celebrala polo Samaín, mais non puido ser.
Quedamos esta noite de venres a durmir na biblio lendo contos de medo. Apartamos as mesas e puxemos “colchonetas” prestadas polo Departamento de Educación Física no chan. Cando chegamos ao centro ao redor das nove, ou sexa, sendo xa noite pecha, tiñamos medo tan só con recorrer o corredor que nos levaba a biblioteca. Lemos clásicos: unha lenda de Bécquer, un conto de Poe, incluídos fragmentos en inglés  e un relato de Ánxel Fole. Finalmente, antes de meternos dentro dos sacos de durmir vimos unha película de terror. 
O peor da noite foron os relatos, desde o punto de vista do medo causado.Son relatos que máis ou menos poden gustarnos, pero que hoxe en día non nos asustaron en absoluto. Tivo moitísimo máis éxito a película, que si arrincou berros de medo. Temos a noite en imaxes:


No hay comentarios:

Publicar un comentario