domingo, 24 de marzo de 2013

Reunión de 3º ESO:"Rebeldes" co club de lectura do IES María Sarmiento


Esta reunión para comentar o libro foi un pouco especial. Acudimos á "casa" dos nosos veciños, o IES María Sarmiento, e alí fixemos a reunión, de xeito conxunto co seu club de lectura, que é de 3º da ESO. Ademais, vimos a adaptación ao cine que en 1982 fixo Francis Ford Coppola, que, se ben non pasará a historia do cine pola súa calidade, si que reproduce a novela dunha forma fiel. Ademais, é un filme que permitiu a toda unha xeración de actores facerse un oco en Hollywood: Tom Cruise, Patrick Swayze, Diane Lane ou Matt Dillon.


   

No hay comentarios:

Publicar un comentario