domingo, 24 de marzo de 2013

Visita de Marcos Calveiro e da "Xanela da lectura" do Perdouro de Burela

O curso pasado fixemos unha lectura conxunta co club de lectura do Perdouro de Burela, A Xanela da Lectura. Daquela, fomos nós ata Burela (onde, por certo, tratáronnos exquisitamente ben), e fixemos un xantar-literario comentando El rostro de la sombra de Gómez Cerdá, con alumnado de 3º da ESO.
Agora era a nosa quenda. Tiñamos que ser nós os anfitrións. Os rapaces que foron a Burela xa non están no club, polo que, nesta ocasión, a actividade correu a cargo do grupo de 3º do Liber amoenus.
Pensamos que sería interesante ler algo de Marcos Calveiro e escollemos O pintor do sombreiro de malvas, que era a novela máis axeitada para esa idade. 
Grazas a Xerais, contamos coa presenza do autor na nosa reunión conxunta.
Ao igual que sucedeu co grupo de 1º e  Palabras de auga, a obra cobra unha nova "vida" tras escoitar ao autor, e mesmo, hai quen xa comentou: "agora gústame máis". 

Nas fotos pódense ver a todos os rapaces escoitando ao escritor:


E, despois, o noso xantar literario, os lectores da Xanela da Lectura e do Liber Amoenus unidos, comendo pizzas na cafetería do noso ies, con bica de postre, e a excepcional compaña de Marcos, tras a reunión que tiveramos na biblio:

No hay comentarios:

Publicar un comentario