domingo, 24 de marzo de 2013

Reunión conxunta de 3º ESO coa "Xanela da lectura" de Burela

Esta segunda obra lida polo grupo de 3º da ESO foi compartida cos membros do club de lectura do IES Perdouro de Burela, A Xanela da Lectura. El rostro de la sombra de Gómez Cerdá prestábase, dado o seu argumento, a interesantes reflexións desde un punto de vista moral. En xeral, gustou moito, tanto no grupo dos de Burela como no noso. 
O 30 de maio o noso centro desprazouse ata Burela en tren, onde fomos recibidos cos brazos abertos. Presentáronnos a súa biblioteca, que gozou de grande aceptación entre os membros do noso club e alí fixemos a reunión, cuxo diálogo, ao principio, foi guiado polas responsables dos dous clubs, pois os rapaces non sabían por onde empezar dada a lóxica timidez entre rapaces que se acaban de coñecer, pero tan pronto se foron sentido a gusto as reflexións xa foron máis interesantes e o debate foi un pouco máis animado. Despois, xantamos todos xuntos, antes de marchar novamente en tren cara a Viveiro. 

O ano que vén, seremos nós os anfitrións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario