domingo, 24 de marzo de 2013

3º ESO: "Rebeldes" de S. Hilton (Curso 2011-12)

O club de 3º participará nunha actividade de lectura conxunta cos nosos veciños do IES María Sarmiento de Viveiro. Para iso escollemos unha obra que case se pode calificar como "clásica", un libro que envellece moi ben: Rebeldes de S. Hilton. Segue asombrando a actualidade dun libro como este, pese a ser escrito en 1966. As súas circuntancias e os conflitos que nel se describen pensamos que van conectar moi ben cos lectores do noso Liber Amoenus.
Un detalle sorprendente: a súa autora escribiuno con dezaséis anos.
Está contado en primeira persoa polo seu protagonista, Ponyboy Curtis, un adolescente orfo que vive cos seus irmáns en Nova York.
Estes adolescentes vense enleados nunha complicada aventura entre bandas rivais de diferente extracción social: eles, que son os greasers e os socs, de maior nivel económico. Tras unha pelexa na que un xoven soc resulta morto, Johnny e Ponyboy teñen que fuxir, a pesares que ningún dos dous é culpable do sucedido. Durante a fuxida Johnny arrisca a súa vida por salvar a uns nenos dun incendio... e pérdea. Os seus amigos bótanno de menos. Ponyboy regresa a casa cos seus irmáns decidido a voltar ao instituto e abandoar unha vida tan chea de perigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario