domingo, 24 de marzo de 2013

Marcos Calveiro co grupo de 1º ESO

O grupo de 1º ESO deste ano do Liber amoenus é un grupo pequeno en comparación cos grupos doutros anos. Son once membros. Sen embargo, xa que leramos o último Premio Merlín, Palabras de auga, e que viña Marcos Calveiro a visitarnos co gallo da lectura do Pintor do sombreiro de malvas no grupo de 3º, pensamos que sería interesante coñecelo e que nos falase un pouquiño da obra antes de empezar a reunión cos maiores. Foi unha reunión curta, pero moi interesante. Despois de escoitalo, parece que a novela gusta aínda máis. Velaí as fotos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario